Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 29 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio de varios procedementos sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 13-07-2021/2.1.A e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedara supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas que se, transcorrido o devandito prazo, non achegan alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlles a resolución pertinente.

Lugo, 29 de setembro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Juan García Fernández

13-07-2021/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

2

María del Mar Migueiz Santín

15-07-2021/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

3

Paula Curt

04-08-2021/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

4

Manuel de Jorge Rodríguez

07-07-2021/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

5

Rodica MihaelaCinculeasa Rodica

20-07-2021/2.2.A

Inicio de procedemento sancionador

Meira

6

Gheorghe Pruna

16-07-2021/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Castroverde

7

Claudio Santodomingo Pérez

14-07-2021/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Villalba

8

Denisse Martínez Ramírez

30-08-2021/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Sarria

9

Alejandra Fernández Armada

06-09-2021/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Sarria