Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de setembro de 2021, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de recoñecemento do dereito ao cobramento das indemnizacións pola expropiación de predios relativos ao expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Corredor Brión-Noia, treito Martelo-Noia, clave AC/03/008.01.3.2, no concello de Noia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuoso o intento de notificación, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución ditada con data do 2.3.2021, de recoñecemento do dereito ao cobramento das indemnizacións pola expropiación dos predios indicados no anexo, no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Corredor Brión-Noia, treito Martelo-Noia, clave AC/03/008.01.3.2, no concello de Noia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo de un mes (1) contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A Coruña, 14 de setembro de 2021

Felipe de la Vega Gándara
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Interesados/as

NIF

Predios expropiados

Clave de obra

Acto que se notifica

L0111372Y

L2864464K

L1517639F

23-32-46-46B-58-66B-94-100-104-115-123-130-153-176-191-197-328A-337-341A-380-390-395-411-416-455-456-
467-483-513

AC/03/008.01.3.2

Resolución do 2.3.2021, ditada polo xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña