Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo, no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/Promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Domicilio social: Torre Serrano, r/ Marqués de Villamagna, nº 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Enderezo para efectos de notificacións: r/ Fernando de Casas Novoa, nº 35, bloque B, andar 2º, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: solución de evacuación conxunta dos PE Barrosino e Vilartoxo.

Concellos afectados: concello da Baña (A Coruña).

Orzamento de execución material: 21.533.351,37 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada nos seguintes parques eólicos, proxectados e promovidos por Green Capital Power, S.L.:

• Parque eólico Barrosino, de 13,5 MW, con nº de expediente IN408A 2019/030.

• Parque eólico Vilartoxo, de 27,0 MW, con nº de expediente IN408A 2019/44.

Proxéctase a LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil e a LMT 30 kV SET Vilartoxo-SET Troitomil, ambas obxecto do presente proxecto e con orixe nos correspondentes parques e fin na subestación do PE Troitomil, obxecto doutro proxecto independente con nº de expediente IN408A 2017/024, do mesmo titular e actualmente en tramitación.

Características técnicas da instalación:

A continuación descríbense as principais características dos distintos treitos das dúas (2) liñas obxecto do presente proxecto, a LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil e a LMT 30 kV SET Vilartoxo-SET Troitomil.

• LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil.

• Treito I. Líña subterránea de media tensión 30 kV:

O presente treito da liña de media tensión consiste nun simple circuíto soterrado baixo tubo sen formigonar cunha lonxitude aproximada de 17 metros, con orixe na sala de celas SET Barrosino 30 kV (termo municipal da Baña) e final no apoio BAR-TRO 1 (PAS) (termo municipal da Baña).

• Treito II. Liña aérea de media tensión 30 kV:

O presente treito da liña de media tensión discorrerá polo termo municipal da Baña, con orixe no apoio BAR-TRO 1 (PAS) ata o apoio nº 3 (recollido no proxecto LAT 132 kV SET PE Troitomil-LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, obxecto doutro proxecto, con número de expediente IN408A 2020/153, en tramitación). A súa lonxitude aproximada será de 3.876,21 metros, sen incluír o van destensado desde o apoio ata o apoio de entroncamento tendido sobre 16 apoios metálicos de celosía.

• LMT 30 kV SET Vilartoxo-SET Troitomil.

• Treito I. Liña subterránea de media tensión 30 kV:

O presente treito da liña de media tensión consiste nun simple circuíto soterrado baixo tubo sen formigonar cunha lonxitude aproximada de 19 metros, orixe na sala de celas SET Vilartoxo 30 kV (termo municipal da Baña) e final no apoio VIL-TRO 1 (PAS) (termo municipal da Baña).

• Treito II. Liña aérea de media tensión 30 kV:

Este treito discorrerá polo termo municipal da Baña, desde o apoio VIL-TRO 1 (PAS) ata o apoio VIL-TRO 14 (PAS). A súa lonxitude aproximada, tendido sobre 14 apoios metálicos de celosía, será de 2.761,01 metros.

• Treito III. Liña subterránea de media tensión 30 kV:

O presente treito da liña de media tensión consiste nun simple circuíto, soterrado baixo tubo sen formigonar, cunha lonxitude aproximada de 48 metros, orixe no apoio VIL-TRO 14 (PAS) (a3) (termo municipal da Baña) e final na arqueta (a4) (termo municipal da Baña).

• Treito IV. Liña subterránea de media tensión 30 kV:

Este treito da liña de media tensión consiste nun dobre circuíto, soterrado baixo tubo sen formigonar, cunha separación de 400 mm entre centros das ternas e unha lonxitude aproximada de 51 metros. Orixe na arqueta (a4) (termo municipal da Baña) e na sala de celas SET Troitomil 30/132 kV (termo municipal da Baña). Un dos circuítos corresponde á LMT 30 kV SET Vilartoxo-SET Troitomil e o outro á LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil; este treito do circuíto da LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil non se inclúe no presente proxecto.

Todas as liñas aéreas estarán constituídas por un simple circuíto de condutor do tipo LA-280 Simplex máis un cable de fibra óptica tipo OPGW-48 para comunicacións que efectuará, ademais, a función de cable de terra.

As liñas subterráneas realizaranse con condutor tipo RHZ1-RA+2OL (S) 18/30 kV 3×(1×240 mm2 Al) + H16, para a LMT 30 kV SET Barrosino-SET Troitomil e con condutor tipo RHZ1-RA+2OL (S) 18/30 kV 3×(1×630 mm2 Al) + H16 para a LMT 30 kV SET Vilartoxo-SET Troitomil, máis un cable de fibra óptica monomodo para comunicacións para ambas as liñas.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xuño 2021-vsdo. 8.7.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo 2021-asdo.12.7.2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA).(xuño 2021-vsdo. 8.7.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17, así como no Concello da Baña (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/barrosino-vilartoxo

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 5 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña