Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50502

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP.

O tribunal nomeado mediante a Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Revisadas as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, en sesións que tiveron lugar os días 20, 21, 24 de setembro e 1 de outubro de 2021, acordou:

– Na quenda de mañá (cuestionario C), anular as preguntas 45, 53 e 54; ocuparán o seu lugar as preguntas de reserva 63, 64 e 65, respectivamente. Desestimar as restantes reclamacións presentadas.

– Na quenda de tarde (cuestionario A), anular as preguntas 32 e 57; ocuparán o seu lugar as preguntas de reserva 63 e 64, respectivamente. Desestimar as restantes reclamacións presentadas.

– Na quenda extraordinaria (cuestionario D), desestimar todas as reclamacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel exixido para acadar esta puntuación mínima. Para estes efectos, os criterios de corrección, valoración e superación acordados por este tribunal o 24 de xuño de 2021 e publicados no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, establecían que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar un máximo de mil (1.000), sempre que obtivese un mínimo de trinta (30) respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un cuarto dunha pregunta correcta). Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte se consideran igualmente aprobadas aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (1.000). Asignarase a valoración de quince (15) puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames en sesións do 4, 5 e 6 de outubro de 2021 de acordo cos criterios anteriores, acadou a puntuación mínima de 15 puntos un total de 1.034 aspirantes e fixouse en 41,25 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria; acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 2 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo co disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal