Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinaria de 2020.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 118, do 25 de xuño de 2021; no núm. 119, do 28 de xuño de 2021; no núm. 137, do 22 xullo de 2021; no núm. 160, do 24 de agosto de 2021, e no núm. 172, do 9 de setembro de 2021, foron publicadas as bases xerais, as bases específicas e as modificacións das anteditas bases, en relación coa OEP extraordinaria do ano 2020 do Concello de Narón, das prazas de técnico/a informatico/a, animador sociocultural, técnico/a de normalización lingüística, administrativo/a, auxiliar administrativo/a, axente de desenvolvemento local, orientador/a laboral, traballador/a social e peón/peoa de limpeza e desinfección de gando.

Narón, 7 de setembro de 2021

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa