Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 30 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13.

Concello: O Porriño.

Nome e apelidos

Enderezo

Concello

Día

Hora

60

Emilio Romero

Descoñecido

O Porriño

18.11.2021

10

64

Hros. de Olivia Besada Besada

Descoñecido

O Porriño

18.11.2021

10

108

Descoñecido

O Porriño

19.11.2021

10

110

Descoñecido

O Porriño

19.11.2021

10

142

Descoñecido

O Porriño

19.11.2021

10