Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 29 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2020383AECO por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2020383AECO incoado a 32722375E, e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 29 de setembro de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2020383AECO.

DNI/NIF/CIF: 32722375E.

Último enderezo coñecido: rúa Ameneiral, 4-3º esq., Perlío, 15500 Fene.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.