Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2021/72 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: BEGASA.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9. 27003 Lugo.

Denominación: centro de transformación asociado a almacenamiento de energía por baterías en Chao.

Situación: concello de Ribeira de Piquín.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20212223 con data do 30 de xullo de 2021.

Características técnicas principais:

• Centro de transformación prefabricado Chao, cunha potencia máxima admisible de 250 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, unha de protección con interruptor automático e unha con aloxamento de TT´s enchufables de medida de tensión en barras.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV con orixe no OCR Chao de Pousadoiro e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 60 metros de condutor tipo RHZ1-240.

• Liña soterrada de alta tensión a LAAT A Fonsagrada a 20 kV (apoio A20231), con orixe no CT proxectado Chao e final na conversión aérea a soterrada en apoio metálico LAAT enderezo Ouviaña-A Fonsagrada-Chao Pousadoiro, cunha lonxitude de 105 metros en condutor RHZ1-240.

Finalidade da explotación: mellora de instalacións.

Orzamento: 158.587,67 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o concello de Ribeira de Piquín.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira: as instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.

Segunda: a peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira: en todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 7 de outubro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo