Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra de Trives

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ao ano 2021.

Pola Resolución da Alcaldía deste concello do 31 de agosto de 2021, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se sinalan para o ano 2021.

Persoal funcionario de carreira:

Grupo

Subgrupo

Clasificación

Vacantes

Denominación

Sistema de acceso

A

A1/A2

B

C

C1

Escala: Administración especial

Subescala: servizos especiais

Clase: Policía local

2

Policía local

Oposición

C2

AP

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense o, á súa elección, o que corresponda a seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

A Pobra de Trives, 23 de setembro de 2021

Patricia Domínguez Barja
Alcaldesa