Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51164

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado mediante o Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 24 de xullo).

Transcorrido o prazo previsto na base II.1.2.8 da convocatoria de tres (3) días hábiles seguintes ao da realización do primeiro exercicio sen se ter presentado ningunha reclamación, o tribunal nomeado mediante o Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 142, do 27 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado mediante o Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de cero (0) a trinta e cinco (35) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima. As contestacións erróneas valoraranse negativamente cunha penalización equivalente a un cuarto do valor de cada contestación correcta e as contestacións en branco non puntuarán. Para estes efectos, os criterios de corrección, valoración e superación acordados por este tribunal o 23 de setembro de 2021 e publicados no portal web do Consello de Contas de Galicia establecían que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtivesen un mínimo de trinta (30) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Asignarase a valoración de quince (15) puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta e cinco (35) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes que non acadaron a puntuación mínima.

Segundo. Unha vez feita a corrección dos exames en sesión do 11 de outubro de 2021, de acordo cos criterios anteriores, acadou a puntuación mínima de 15 puntos un total de 113 aspirantes.

Terceiro. Acordouse publicar no portal web do Consello de Contas de Galicia (https://www.ccontasgalicia.es/gl/content/taboleiro-de-novas-de-procesos-selectivos) os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.9 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Quinto. De acordo co disposto na base III.15 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Comisión de Goberno do Consello de Contas, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021

Manuel J. Santana Suárez
Presidente do tribunal