Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña para a inclusión no catálogo de protección do PXOM 2013 de novos elementos (expediente 631/2016/299).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña para incorporación de elementos ao catálogo. Documento 1, separata 1. Documento para aprobación definitiva. Setembro 2021, redactado pola oficina técnica do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 199, 209 e 212 do Regulamento de desenvolvemento da lei anterior, para a entrada en vigor do documento aprobado».

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 20 de xaneiro de 2018 publicada no DOG núm. 46, do 6 de marzo, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se estabelecen maiores medidas de seguimento que as inseridas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamiento/planeamiento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 13 de outubro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo