Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo relativo ao monte de Vilartote, no concello de Cervantes (expediente 24/92).

Na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 13.9.2021, figura o seguinte acordo:

Monte Vilartote (expediente 24/92), clasificado como monte veciñal en man común mediante a Resolución do 23.10.1995, a favor dos veciños de Vilartote, no concello de Cervantes.

O 14.7.2021 tivo entrada unha copia da sentenza firme do 27.4.2021, ditada no procedemento ordinario 127/2019 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Becerreá. Na súa resolución declara que é nulo de pleno dereito e carece de eficacia xurídica o acordo adoptado polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común na sesión do 23.10.1995 respecto do expediente 24/92, polo que se clasificou como monte veciñal en man común o monte de Vilartote.

Unha vez examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento do establecido nela e procede a anular a clasificación, coa correspondente cancelación da inscrición do monte no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 6 de outubro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo