Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2020211AECO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á persoa/entidade que se sinala no anexo.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, facilitaranlle impresos normalizados para o pagamento da sanción nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021
A directora xeral de Saúde Pública
P.D. (Acordo do 30.9.2021)
Silvia Suárez Luque
Subdirectora xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables
ANEXO
Nº de expediente: 2020211AECO.
Documento de identificación: Y4938758M.
Último enderezo coñecido: lugar Silva de Abaixo, 10, San Cristovo das Viñas, 15010 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.001,00 €.