Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021197AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2021197AECO incoado a 32694142X.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 7 de outubro de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2021197AECO.

DNI/NIF/CIF: 32694142X.

Último enderezo coñecido: rúa Covadonga, 16, esc. 2, 2º esq., Sama, 33990 Langreo (Asturias).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.