A instalación denominada LMTS ATI726 CT Atios-A Guía, no concello do Porriño, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, da cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de novembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello do Porriño.
O interesado recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, e informándoo de que poderá ir acompañado por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Vigo, 30 de setembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
LMTS ATI726 a CT Atios-A Guía |
|||||||
Nº |
Referencia catastral |
Paraxe |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº apoio |
m2 solo |
Concello |
1 |
36039A00900614000DT |
A Guía |
Monte baixo |
Iñaki Teixeira Rodríguez |
CT |
15,99 |
O Porriño |