A Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza, en reunión do 25 de xuño de 2021, acordou a modificación dos seus estatutos e a aprobación do Regulamento de licenzas, que foron ratificados pola Secretaría Xeral para o Deporte mediante a Resolución do 30 de setembro de 2021, polo que, de conformidade co disposto no artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, se procede ao anuncio da súa aprobación, deposítase a súa copia no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia e publícanse na páxina web https://www.federaciongalegadecaza.com
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021
Javier Nogueira Diz
Presidente da Federación Galega de Caza