Por Resolución de Alcaldía nº 382/2021 con data do 13.7.2021, apróbanse as bases e a convocatoria para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, na modalidade de interinidade por vacante, para a área de Cultura do Concello de Arbo, dunha (1) praza de auxiliar administrativo sociocultural, mediante o sistema de oposición libre.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 185, do 24.9.2021 están publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a selección das referidas prazas.
As instancias solicitando participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, e no taboleiro de anuncios do concello, sen prexuízo da súa publicación na sede electrónica e páxina web deste concello, cuxos enderezos son: https://concellodearbo.sedelectronica.gal e www.concellodearbo.es
Arbo, 1 de outubro de 2021
Horacio Gil Expósito
Alcalde