Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021212AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2021212AECO incoado a X5009309R.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 7 de outubro de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2021212AECO.

DNI/NIF/CIF: X5009309R.

Último enderezo coñecido: rúa Nova de Abaixo, 26, 4º A, 15701 Santiago de Compostela.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.