Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021086AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de xullo de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2021086AE-OU incoado ao titular do DNI 44478584B e enderezo na praza Daniel González, nº 3, 2º A, 32004 Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 44478584B o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1. da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de outubro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2021086AE-OU.

DNI/NIF/CIF: 44478584B.

Último enderezo coñecido: praza Daniel González, nº 3, 2º A, 32004 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

Resolución: arquivamento do expediente.