Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 254/2021 fronte á Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 254/2021, fronte a Resolución do 26 de abril de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019 (DOG núm. 86, do 7 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública