Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52387

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021 pola que se amplía o crédito da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

O 24.3.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

No seu artigo 4 establécese a conta financeira con cargo a que se financian as subvencións outorgadas ao abeiro da dita resolución e o importe previsto para o financiamento da dita subvención; e, no artigo 5, regula a posibilidade de ampliar o crédito dedicado a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

O 3.8.2021 a Consellería de Facenda autoriza unha modificación de crédito que varía o orzamento de Augas de Galicia, «supón un incremento no orzamento de ingresos de 12.000.000 € en transferencias de capital e un incremento do orzamento de gastos en investimentos reais por 3.000.000 € e de 9.000.000 € en transferencias e subvencións de capital». O mesmo día a Presidencia de Augas de Galicia resolve ampliar o crédito da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A), en 4.876.860,41 €.

Actualmente na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Conta financeira

Importe

Actual

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

8.876.860,41 €

Ampliación

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

720.000,00 €

Total

6566 (subvencións de capital a corporacións locais)

9.596.860,41 €

Esta resolución producirá efectos consonte ao previsto no artigo 39 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional única da Resolución do 12.3.2021, DOG do 24 de marzo)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia