Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 14 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa publicación queda supeditada no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, edificio administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

32340175J

IN635A 2021/174-1

Alegacións

A Coruña

47378663C

IN635B 2021/36-1

Resolución

A Coruña