Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación de cambio de uso dotacional dunha parcela municipal.

O Pleno do Concello da Laracha, en sesión ordinaria do 24.9.2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso dotacional descrito no documento Cambio uso parcela dotacional Concello da Laracha asinado polos arquitectos Ángel Luis Monteoliva Díaz e Íñigo de Miranda Osset en setembro de 2021, en relación ás parcelas anexas ao IES Agra de Leborís, pasando de Sistema local de equipamento educativo (SLed (Pb) a Sistema local de equipamento educativo e deportivo de carácter público (SLEed/dp(Pb).

Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), e remitir o dito acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación farase constar a dita remisión.

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Laracha, 4 de outubro de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde