Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52939

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de coordinador/a do persoal técnico superior en laboratorio clínico e biomédico.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde da Consellería de Sanidade do 24 do maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse mediante a Resolución CM 11/2021, do 17 de xuño (DOG núm. 121, do 28 de xuño), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de coordinador/a do persoal técnico superior en laboratorio clínico e biomédico.

Con base no Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de coordinador/a do persoal técnico superior en laboratorio clínico e biomédico, convocada mediante a Resolución do 17 de xuño de 2021.

Segundo. Declarar deserto o posto convocado de conformidade co disposto na base quinta da convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 19 de outubro de 2021

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo