A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de setembro de 2021, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos do sistema local SL-EL11, previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a implantación dunha dotación de espazos libres, polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo técnico Isidro López Yáñez (arquitecto colexiado 2261 COAG).
A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:
Relación de bens e dereitos afectados
Nº predio |
Titulares |
Ref. catastral |
Clasificación urbanística |
Situación básica |
Destino |
Sup. total (m²) |
Sup. afect. pleno dominio |
Outros bens e dereitos afectados |
1 |
María Dolores Álvarez Pose José Manuel Álvarez Pose |
5145733NH2854S0001UF |
Solo urbano consolidado |
Solo urbanizado |
Solo edificado (div. horiz) |
280,15 |
280,15 |
1 ud. edificación 786,74 m² |
O que se somete a información pública por un prazo de un mes en cumprimento dos artigos 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 293.3 do Regulamento da Lei do solo (Decreto 143/2016), co fin de que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destes. Advírteselles de que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñezca o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.
O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do Concello na seguinte ligazón: http://carballo.gal/media/documentos/SL_EL11.pdf
Carballo, 30 de setembro de 2021
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde