Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 53062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO da oferta pública de emprego 2021 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2021-0288, do 4 de outubro de 2021, apróbase a oferta pública de emprego 2021 para a estabilización do emprego temporal do Concello do Pino, ao abeiro do disposto no artigo 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, polo artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 e pola disposición adicional vixésimo terceira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, corresponde as seguintes prazas:

Persoal laboral fixo:

Cód.

Denominación do posto

Dot.

Tipo de contrato

Grupo

5103

Animador deportivo

1

Laboral fixo

III

5104

Animador sociocultural

1

Laboral fixo

III

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Pino, no Diario Oficial de Galicia/Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Acaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

O Pino, 5 de outubro de 2021

Manuel Taboada Vigo
Alcalde