Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53200

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2021, o tribunal nomeado por Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 142, do 27 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 13 de novembro de 2021, con horario de chamamento ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada na avenida Dr. Ángel Echeverri s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, de lapis do núm. 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas da COVID que se publicarán na páxina web do Consello de Contas de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Manuel J. Santana Suárez
Presidente do tribunal