Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (funcionario/a de carreira-mobilidade horizontal).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 190, do 5 de outubro de 2021, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (funcionario/a de carreira-quenda mobilidade horizontal) correspondente á oferta de emprego público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando proceda, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 5 de outubro de 2021

José Ramón Romero García
Alcalde