Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53725

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de arquiveiro/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e de persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 239, do 18 de outubro de 2021, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

– Decreto nº 8076/2021, do 1 de outubro: unha praza de arquiveiro/a, escala de administración especial, subescala técnica, clase superior, grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 18 de outubro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcalde delegada da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos