Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 53909

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 149/2021, do 29 de outubro, polo que se nomea conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia a José Antonio Fernández Vázquez.

Unha vez expirado o prazo do mandato do conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 3.2 e 4.1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e oído o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

O cesamento de José Antonio Fernández Vázquez como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia por expiración do seu mandato.

O nomeamento como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia de José Antonio Fernández Vázquez, que exercerá o seu mandato nos termos previstos no artigo 4.1 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente