De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.
Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.
O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.
Ourense, 19 de outubro de 2021
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Establecemento |
Titular |
Enderezo |
Concello |
Cafetería Xacobeo 2.0 |
Salvatore Campisi |
Vista Hermosa, 1 |
Ourense |
Restaurante Todo Paellas y Arroces |
Rafael Marín Nogueira |
Concejo, 6 |
Ourense |
Restaurante Italian Job |
Manuel Joaquín de Jesús Fernández |
Santo Domingo, 35 |
Ourense |
Cafetería Bens and Jerry’s |
José Babarro Iglesias |
Centro Comercial Ponte Vella |
Ourense |
Restaurante Mesón A Mina |
Eva López Vispo |
Avenida Bos Aires, 92 |
Ourense |
Restaurante A Garduñeira |
José Iglesias Álvarez |
Estrada nal. 120, Sta. Cruz de Arrabaldo |
Ourense |
Restaurante Casa Lolo |
Mary del Carmen Infante |
Sobreiral, 15, Untes |
Ourense |
Restaurante El Trébol |
Isabel Lois Vázquez |
Xeneral Franco, 15 |
Bande |