De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 19 de outubro de 2021, do proxecto de liña eléctrica de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático