Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2021-00001024 e oito máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00001024

140031180

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00001365

FS164009

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00001456

34290430Y

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00001466

32696545K

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00001469

P479179

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00002476

35481024M

Resolución do 2.9.2021

BS403B-2021-00002761

35577358S

Resolución do 2.9.2021

BS403B-2021-00003569

53168353N

Resolución do 20.9.2021

BS403B-2021-00005298

Y8217615M

Resolución do 2.9.2021