No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio de enderezo social) da entidade Datasalus, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 15 de setembro de 2021, por unanimidade. O novo domicilio social da cooperativa é a rúa Colón, número 29-4º esquerda, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra.
RESOLVO:
Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio de enderezo social) de Datasalus, S. Coop. Galega.
Vigo, 21 de outubro de 2021
Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra