Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de outubro de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/180/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 16 de setembro de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na execución dunha edificación con tipoloxía de vivenda no lugar dos Edreiros, parroquia de Esteiro, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do DNI 02885598H, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística