Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54279

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2021 pola que se declara deserta a convocatoria das probas selectivas para cubrir unha plaza vacante convocada pola Resolución do 1 de xullo de 2019 da escala técnica superior (subescala calidade).

Por Resolución do 1 de xullo de 2019 (DOG do 12 de xullo) convocáronse probas selectivas para cubrir, pola quenda libre, unha praza da Escala Técnica Superior (subescala Calidade), grupo A, subgrupo A1, vacante da Universidade da Coruña.

Unha vez realizados os trámites regulamentarios e comprobado que ningún aspirante superou o proceso selectivo,

RESOLVO:

Declarar deserta, por falta de superación do proceso selectivo dos aspirantes, a convocatoria para cubrir co persoal funcionario unha praza vacante na Escala Técnica Superior (subescala Calidade) do grupo A, subgrupo A1, pola quenda libre.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de outubro de 2021

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña