Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54512

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Mediante a Resolución do 4 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 199, do 15 de outubro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro).

Unha vez transcorrido o prazo para presentar reclamacións sobre as ditas listaxes e de conformidade co establecido nas bases que rexen o proceso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Categoría III-100

Xefe/a de brigada SPDCIF

Nome

NIF

Motivo

Domínguez Gil, Daniel

***1299**

27,73

Fernández Seijo, Borja

***7793**

28,73

López Aira, Pablo

***4756**

28,73

Pereira Vila, Óscar Antonio

***2442**

37,69

Motivos de exclusión.

Código

Descrición

27

Persoal laboral indefinido non fixo

28

Persoal laboral temporal

37

Persoal funcionario interino

69

Non figura na listaxe de postos convocados

73

Non superou proceso para o acceso á condición de laboral fixo