Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte Vilalpape (ampliación), no concello de Bóveda (expediente 5/2021).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 5/2021.

– Denominación: Vilalpape (ampliación).

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Vilalpape.

– Concello: Bóveda.

– Superficie: 0,77 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a parcela obxecto de clasificación, así como as estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27031A007000020000YI

Norte

27031A00709001 (camiño)

Leste

27008A02500623

Sur

27031A00700205

Oeste

27031A00700003

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 27.7.2020 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 20 de outubro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file