Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Oviganic Ibérica, S.L. para a súa industria láctea, situada no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (expediente 2021-IPPC-M-89).

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), e consonte o indicado no Acordo do 1.10.2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se declara a tramitación de urxencia deste procedemento, faise público que por espazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento de solicitude de modificación substancial presentado por Oviganic Ibérica, S.L. para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2021-IPPC-M-89.

Núm. de autorización ambiental integrada: 2008/0012_NAA/IPPC_200.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.1.c).

Titular: Oviganic Ibérica, S.L.

CIF: B-14590046.

Enderezo do titular: polígono industrial do Reboredo, parcelas 29-30, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Enderezo da instalación: polígono industrial do Reboredo, parcelas 29-30, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Actividade principal: preparación de leite e outros produtos lácteos.

Descrición da modificación substancial: o titular ten prevista unha ampliación da planta que constaría de:

– Nova torre de secado de leite para fórmulas infantís.

– Nova sección de desmineralización (electrodiálise, nanofiltración e ultrafiltración).

– Melloras na estación depuradora de augas residuais, aumento do caudal de augas residuais e novo punto de vertedura a canle pública.

– Liña de envasado de manteiga.

– Planta de ósmose para auga e recirculación de auga branda.

– 1 depósito de 200.000 litros para auga osmotizada.

– Nova caldeira de 16 Tn/h (OLMAR).

Verteduras: derivado da modificación substancial, prevese un aumento de caudal de vertedura de 97.500 m3/ano (278,57 m3/día) a 365.000 m3/ano (1.000 m3/día), que será canalizado a unha canle pública (regato Carballal).