Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 28 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2021/28-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS do CTC Camelle porto ao CTC Rociñas, CTC Rociñas e RBTS, no concello de Camariñas (expediente IN407A 2021/28-1), mediante a Resolución desta xefatura territorial, do 17 de setembro de 2021, a favor da entidade beneficiaria Electra del Gayoso, S.L., con enderezo en rúa Casais, 20-baixo, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Esta xefatura territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 14 de decembro de 2021 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 31.3.2021, no BOP do 12.3.2021 e no xornal La Voz de Galicia do 11.3.2021, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña