Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55348

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DECRETO 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nas súas alíneas a) e h), atribúen aos municipios competencias para garantir a seguranza nos lugares públicos –entre os cales se encontran as praias– e a protección da salubridade pública, nos termos que determine a lexislación estatal e autonómica. Estas atribucións competenciais deben ser consideradas á luz do disposto no artigo 2, alíneas a) e b) da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, artigo depositario dos fins que debe perseguir a Administración pública na súa actuación sobre o dominio marítimo-terrestre. Estes fins son, entre outros, determinar o dominio marítimo-terrestre e asegurar a súa integridade e conservación adecuada, adoptando, se é o caso, as medidas de protección e restauración necesarias, así como garantir o uso público do mar, da súa ribeira e do resto do dominio público marítimo-terrestre, sen máis excepcións ca as derivadas de razóns de interese público debidamente xustificadas. Así mesmo, a alínea d) do artigo 115 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, establece que as competencias municipais, nos termos previstos pola lexislación que diten as comunidades autónomas, poderán abranguer vixiar a observancia das normas e instrucións ditadas pola Administración do Estado sobre salvamento e seguranza das vidas humanas.

En materia de sanidade, a Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, no seu artigo 24 prescribe que as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, serán sometidas polos órganos competentes a limitacións preventivas de carácter administrativo, de acordo coa normativa básica do Estado.

O Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia, establece no seu artigo 15 en que casos estas piscinas deberán contar cun servizo de socorristas coa titulación e cos niveis mínimos de formación.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, materializa a competencia asumida pola Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección civil (sentenzas 123/1984, do 18 de decembro, e 133/1990, do 19 de xullo, do Tribunal Constitucional) e no seu artigo 1.1 dispón que a presente lei regula o sistema integrado de protección civil e emerxencias en Galicia, dirixido a adoptar medidas preventivas que eviten situacións de risco, a actuar en caso de risco ordinario e a protexer a integridade das persoas e os bens de titularidade pública e privada, o mesmo precepto no seu punto segundo considera a protección civil como un servizo público esencial. O seu artigo 2 engade tamén que as administracións públicas de Galicia garanten a existencia dun sistema integrado de protección civil e emerxencias, baseado, entre outros, no principio de coordinación, promovendo a asistencia e o socorro mutuos con outras comunidades autónomas e no ámbito transfronteirizo e establecendo que a protección civil se desenvolverá de acordo co criterio de profesionalidade.

Ou artigo 10 da citada Lei 5/2007 establece na súa alínea a) que corresponde á Xunta de Galicia a superior coordinación e dirección da protección civil, a xestión dos servizos que se considere necesario prestar de forma unitaria para todo o territorio galego e a xestión das emerxencias que superen os medios de resposta de que dispoñen as entidades locais.

Ao fío do anterior, o artigo 43 establece que o sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional como por voluntarios e continúa o artigo 3 recollendo que as administracións públicas de Galicia proporcionarán a formación adecuada e a preparación e coordinación ás persoas que interveñen de forma profesional ou voluntaria na xestión de riscos e emerxencias.

O exercicio e o desenvolvemento da citada competencia municipal, tanto nos espazos acuáticos naturais como nas instalacións acuáticas da nosa comunidade autónoma, comporta un grande esforzo para os concellos, tanto en recursos humanos como materiais. A Xunta de Galicia, en concordancia cos principios de cooperación, interese público e responsabilidade, coa elaboración do presente decreto márcase como obxectivo eliminar as dificultades e barreiras para os concellos á hora de exercer a competencia que lles obriga garantir a seguridade nos lugares públicos baixo a súa responsabilidade, especialmente nas épocas de maior concorrencia de persoas, como pode ser a tempada estival.

O Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, constituíu unha primeira regulación da formación mínima do persoal socorrista acuático e o seu rexistro profesional na comunidade autónoma.

A formación mínima para o acceso ao rexistro constituíu e constitúe a referencia máis importante, dado que vén supor o establecemento duns novos altos estándares de calidade e capacitación para o desenvolvemento da profesión en Galicia, ao exixir estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas e/ou da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, dependendo do ámbito en que vaian desenvolver a súa actividade.

A consecución dos devanditos altos estándares de calidade e capacitación para o desenvolvemento da profesión en Galicia non está constituída só polo certificado de profesionalidade, senón que se ampliou mediante a implantación doutras vías como a exixencia para o acceso ao rexistro do título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo ou do título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, ou ben, da acreditación de superar as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas e/ou espazos naturais.

Con todo, durante os primeiros anos de vixencia do actual decreto púxose de manifesto a necesidade de introducir determinadas modificacións, cambios que se realizaron a través da entrada en vigor do Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Estas variacións ían dirixidas á consecución dos seguintes obxectivos:

Por unha banda, manter o alto nivel de exixencia para a prestación dos servizos de cualificación e calidade á cidadanía usuaria, mantendo o certificado de profesionalidade como eixe central, ademais das outras titulacións ou acreditacións.

Doutra, incorpóranse, mediante unha ordenada formación de adaptación á profesión, as persoas licenciadas ou graduadas en ciencias da actividade física e o deporte e o persoal técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas. A incorporación de materias específicas de socorrismo nas guías docentes do grao en ciencias da actividade física e o deporte das facultades de universidades galegas, así como a incorporación dos cursos de adaptación de 270 e 265 horas, segundo sexa para espazos acuáticos naturais ou instalacións acuáticas, conformarán profesionais cunha alta cualificación para prestar un servizo de alta calidade.

Transcorridos catro anos da entrada en vigor do Decreto 35/2017, do 30 de marzo, é indubidable que os cursos de adaptación previstos no devandito regulamento son unha das vías de entrada á profesión máis utilizadas, por canto é unha vía de acceso que lles reduce custos tanto económicos como temporais ás persoas interesadas e, todo iso, sen reducir en ningún momento os estándares de calidade e capacitación inspiradores do Decreto 104/2012, do 16 de marzo.

Por iso, coa finalidade de que se poidan acoller o maior número de persoas a esta vía de acceso e de conseguir un número suficiente de profesionais que dean cobertura na nosa comunidade á crecente demanda de socorristas, a cal ano tras ano vai en aumento, na nova regulación proposta auméntanse as posibilidades de acceso ao Rexistro Profesional de Persoal Socorrista da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos cursos de adaptación.

Ademais, con posterioridade á entrada en vigor do Decreto 35/2017, do 30 de marzo, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte aproba dúas normas regulamentarias coa consideración de normativa básica ao abeiro das competencias que atribúe ao Estado o artigo 149.1.1ª e 30ª da Constitución, as cales se relacionan a seguir:

– Real decreto 653/2017, do 23 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva e se fixan os aspectos básicos do currículo.

– Real decreto 651/2017, do 23 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en acondicionamento físico e se fixan os aspectos básicos do currículo.

– Real decreto 402/2020, do 25 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en guía no medio natural e de tempo libre e se fixan os aspectos básicos do currículo.

Por todo isto, unicamente tendo en conta a citada nova regulación, xa obrigaría a modificar o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, adaptándoo ás disposicións xerais anteriormente citadas e, en especial, por canto que son normativa básica, establecen que os módulos profesionais que as conforman inclúen os contidos que forman parte dos programas para a formación de socorristas en instalacións acuáticas e cuxo exercicio está regulado nas diferentes comunidades autónomas.

Pero como xa se plasmou no comezo da exposición de motivos, a Xunta de Galicia non quere limitarse a unha simple actualización da normativa en vigor, senón que, co fin de conseguir que en todas as instalacións acuáticas e nos espazos acuáticos da nosa comunidade exista un dispositivo integral de intervención no ámbito das urxencias e emerxencias, apoiando os concellos no exercicio da súa competencia, elabora o presente decreto e incrementa as vías de acceso ao Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, salvagardando en todo momento os estándares de calidade e capacitación xa establecidos na normativa anterior.

En prol da consecución de tal obxectivo regúlase a figura do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais, traballadores que realizarán funcións informativas velando polo cumprimento da normativa aplicable e que lles comunicarán ás persoas usuarias que accedan aos espazos acuáticos naturais os avisos e comunicados que realicen os órganos competentes en materia de emerxencias, seguridade e protección civil.

Executarán as tarefas auxiliares de axuda ou socorro, baixo a dirección do persoal socorrista ou, de ser o caso, dos servizos de Protección Civil. En ningún caso poderán substituír o persoal de socorrismo acuático.

Este decreto axústase aos principios de boa regulación contidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Respecto dos principios de necesidade e eficacia, o decreto é de interese xeral, dado que con el se pretende conseguir que en todas as instalacións acuáticas e espazos acuáticos da nosa comunidade exista un dispositivo integral de intervención no ámbito das urxencias e emerxencias. Os fins perseguidos quedan recollidos no articulado e trátase dun instrumento adecuado para garantir a consecución dos anteditos fins. En virtude do principio de proporcionalidade, a iniciativa contén a regulación imprescindible para o exercicio da actividade profesional de socorrismo en Galicia. Co obxecto de garantir o principio de seguridade xurídica, esta lei é coherente co resto do ordenamento xurídico. Por outra banda, en aplicación do principio de eficiencia, a iniciativa regulamentaria non introduce cargas administrativas.

Na elaboración desta norma cumpríronse as exixencias establecidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Foi sometida á consulta pública previa a proposta presentada e á información pública o anteproxecto do decreto, mediante a súa exposición no portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia, e foron solicitados, entre outros, os informes preceptivos do Servizo Técnico-Xurídico da consellería, da Asesoría Xurídica da consellería, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, da Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

O presente decreto tamén se someteu ao ditame do Consello Consultivo de Galicia, que foi emitido con data do 29 de setembro de 2021 (Ditame 269/2021).

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, facendo uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de outubro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito territorial

O presente decreto ten por obxecto regular as seguintes materias e procedementos:

a) A formación que debe reunir o persoal que exerza as funcións de prevención e socorrismo tanto nos espazos acuáticos naturais como nas instalacións acuáticas, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (código de procedemento PR526A).

b) A formación que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (código de procedemento PR526A).

c) As entidades que poderán realizar os cursos de formación continua, os cursos de adaptación de actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) (código de procedemento PR526B).

Artigo 2. Ámbito de aplicación e definicións

1. Este decreto será de aplicación ao seguinte persoal:

a) Persoal que exerza as funcións de prevención e socorrismo en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teña a obrigación de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de socorrismo acuático.

b) Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais.

2. Para os efectos deste decreto, entenderase por:

a) Instalacións acuáticas: as piscinas convencionais de uso público ou privado, os parques acuáticos, os balnearios e as instalacións análogas dedicadas á actividade acuática, independentemente de que sexan xestionadas por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, comunidades de veciños ou análogos.

b) Espazos acuáticos naturais: as praias marítimas e fluviais, os ríos, os lagos e os encoros, independentemente de que sexan xestionados por concellos, empresas de servizos deportivos, empresas de turismo, portos deportivos, clubs e federacións con actividade no medio acuático ou análogos.

c) Persoal de socorrismo acuático: son as persoas encargadas de realizar funcións de vixilancia, rescate e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais ou nas instalacións acuáticas.

d) Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais: son as persoas con funcións auxiliares de información, primeiros auxilios e apoio do persoal de socorrismo acuático.

CAPÍTULO II

Habilitación

Sección 1ª. Persoal socorrista

Artigo 3. Requisitos profesionais

Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia e achegue a documentación acreditativa da posesión da formación mínima.

Artigo 4. Formación mínima

1. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en instalacións acuáticas, que suporá a inscrición na Sección de Socorristas en Instalacións Acuáticas, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

a) Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDP0109), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

b) Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño; título de técnico deportivo superior de salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo de cualificacións profesionais.

c) Acreditación de superar as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia profesional.

d) Acreditación de ter superados os contidos establecidos no anexo IV, correspondentes ao grao en ciencias da actividade física e o deporte, ou titulación universitaria oficial equivalente.

e) Acreditación de ter superados os créditos que dan dereito á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en ciencias da actividade física e o deporte, exceptuando aqueles créditos que correspondan ás materias do Practicum e do fin de grao, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

f) Título de técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva establecido polo Real decreto 653/2017, do 23 de xuño, ou norma que o substitúa.

g) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de actividades físicodeportivas individuais-código 1139, incluídos no título de técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

h) Título de técnico superior en acondicionamento físico establecido polo Real decreto 651/2017, do 23 de xuño, ou norma que o substitúa.

i) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de acondicionamento físico na auga-código 1151, incluídos no título de técnico superior en acondicionamento físico, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

j) Acreditación de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA), establecido no anexo I e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23, se a persoa interesada xa se encontra inscrita na Sección de Socorristas en Espazos Acuáticos Naturais a través da formación mínima regulada no punto segundo do presente artigo.

2. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais, que suporá a inscrición na Sección de Socorristas en Espazos Acuáticos Naturais, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

a) Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

b) Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño; título de técnico deportivo superior de salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo de cualificacións profesionais.

c) Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia profesional.

d) Acreditación de ter superado os contidos establecidos no anexo IV, correspondentes ao grao en ciencias da actividade física e o deporte ou titulación universitaria oficial equivalente.

e) Acreditación de ter superado os créditos que dan dereito á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en ciencias da actividade física e o deporte, exceptuando aqueles créditos que correspondan ás materias do Practicum e do fin de grao, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

f) Título de técnico de guía no medio natural e de tempo libre, establecido polo Real decreto 402/2020, do 25 de febreiro, ou norma que o substitúa.

g) Acreditación de ter superado o módulo profesional de socorrismo no medio natural-código 1337, incluído no título de técnico de guía no medio natural e de tempo libre, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

h) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de actividades físico-deportivas individuais-código 1139, incluídos no título de técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

i) Acreditación de ter superados os módulos profesionais de valoración da condición física e intervención en accidentes-código 1136 e de acondicionamento físico na auga-código 1151, incluídos no título de técnico superior en acondicionamento físico, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

j) Acreditación de ter superado o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), establecido no anexo II e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23, se a persoa interesada xa se encontra inscrita na Sección de Socorristas en Instalacións Acuáticas a través da formación mínima regulada no punto primeiro do presente artigo.

Sección 2ª. Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios
en espazos acuáticos naturais

Artigo 5. Funcións e dependencia

1. O persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais realizará as seguintes funcións:

a) Informativas, velando polo cumprimento da normativa aplicable, e comunicaralles ás persoas usuarias que accedan aos espazos acuáticos naturais os avisos e comunicados que realicen os órganos competentes en materia de emerxencias, seguridade e protección civil.

b) Primeiros auxilios, realizando o conxunto de accións e técnicas que lle permitan asistir unha persoa lesionada de forma inmediata no lugar do accidente.

2. Executarán as tarefas auxiliares de axuda ou socorro, baixo a dirección do persoal socorrista ou, de ser o caso, dos servizos de Protección Civil. En ningún caso poderá substituír o persoal de socorrismo acuático. É obrigatoria a presenza física do persoal socorrista no lugar de traballo.

Artigo 6. Requisitos

Para o exercicio profesional do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais será necesario que o/a profesional solicite a inscrición na correspondente sección do Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, e que presente a documentación acreditativa de que reúne os seguintes requisitos:

a) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que lle son propias.

b) Deberá estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

c) Ter a formación mínima que se especifica no artigo 7.

Artigo 7. Formación mínima

A acreditación da formación mínima para o exercicio das funcións do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais, que suporá a inscrición no rexistro, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

a) Acreditación de ter superado o módulo formativo do curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas CAFDO-IA-4 Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas, establecido no anexo I.

b) Acreditación de ter superado o módulo formativo do curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais CAFDO-EAN-4 Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais, establecido no anexo II.

c) Acreditación da realización dun curso de formación co contido mínimo e os requisitos de titulación de profesorado establecidos para o módulo común de ensinanza deportiva: primeiros auxilios no Decreto 64/2015, do 16 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo e impartido polas entidades sinaladas nos artigos 21 e 23.

d) Acreditación da unidade de competencia UC0272_2 Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia, ou do módulo formativo equivalente.

e) Acreditación dunha titulación da familia profesional de sanidade que capacite para a prestación de primeiros auxilios.

Artigo 8. Composición dos equipos de socorrismo e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais

O persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais desenvolverá as súas tarefas colaborando co persoal socorrista.

Como máximo haberá unha persoa traballadora con tarefas de auxiliar de apoio por cada dúas persoas traballadoras encargadas das tarefas de socorrismo.

CAPÍTULO III

Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información

e primeiros auxilios de Galicia

Artigo 9. Natureza e funcións

1. O Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia é un rexistro público e de carácter administrativo.

2. O rexistro ten por obxecto a inscrición do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

3. O rexistro dependerá da Academia Galega de Seguridade Pública.

Artigo 10. Inscrición

No Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia figurarán aquelas persoas que o soliciten e acrediten estar en posesión da formación mínima establecida no artigo 4.

Artigo 11. Funcionamento do rexistro

Cumprir, en materia de protección de datos, co Regulamento (UE) nº 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos; coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e de garantía dos dereitos dixitais, e as demais disposicións vixentes sobre a materia.

Artigo 12. Seccións do rexistro

O rexistro terá tres seccións:

a) Socorristas en Instalacións Acuáticas.

b) Socorristas en Espazos Acuáticos Naturais.

c) Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais.

Artigo 13. Contido da inscrición

No asento de inscrición deben constar, como mínimo, os seguintes datos:

a) Nome, apelidos, sexo e número do documento nacional de identidade ou pasaporte da persoa solicitante.

b) Número rexistral.

c) Data de inscrición na sección solicitada do Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

d) Descrición da acreditación con base na cal se procede á inscrición.

e) Data de renovación da inscrición.

A rectificación e cancelación, se é o caso, dos asentos de inscrición efectuaranse de oficio.

Artigo 14. Solicitude de inscrición no rexistro

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura no anexo V do presente decreto dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento PR526A).

2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 15. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de inscrición a seguinte documentación:

a) Dúas fotos tamaño carné.

b) Documentación acreditativa dos requisitos para o exercicio da actividade profesional de socorrismo ou dos requisitos para a realización das funcións auxiliares de información e primeiros auxilios.

c) Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes (taxa 300200).

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

3. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 16. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI o NIE da persoa solicitante.

– Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 17. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Resolución de inscrición e renovación da inscrición no rexistro

1. Unha vez presentada a solicitude de inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia, a Academia Galega de Seguridade Pública ditará resolución na cal decidirá sobre a procedencia ou non da inscrición no prazo de tres meses desde a súa presentación. De non resolverse no prazo indicado, entenderase estimada por silencio administrativo.

2. As inscricións na Sección de Instalacións Acuáticas e na Sección en Espazos Acuáticos Naturais deben renovarse cunha periodicidade de catro anos.

3. Para a renovación da inscrición, tanto o persoal socorrista en instalacións acuáticas (piscinas e instalacións acuáticas) como o persoal socorrista en espazos acuáticos naturais (praias e augas interiores) da Comunidade Autónoma de Galicia deberá actualizar cada catro anos a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua dunha duración mínima de catro horas sobre cada un dos módulos teórico-prácticos asociados ás unidades de competencia, recollidos nos anexos II e III do Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

4. Para a renovación da inscrición do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais deberase actualizar cada catro anos a formación adquirida mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua dunha duración mínima de catro horas sobre os módulos teórico-prácticos asociados ás unidades de competencia MF1082_2 e MF0272_2, recollidos no anexo III do Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

5. As solicitudes de renovación da inscrición faranse no modelo normalizado que figura como anexo V no presente decreto e cos mesmos requisitos de documentación e forma de presentación que se mencionan para as solicitudes de inscrición nos artigos 14 e 15 do presente decreto (código de procedemento PR526A).

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de renovación da inscrición seis meses antes da data de finalización do seu período de validez. Adiantar a renovación non comporta a perda de días de validez, xa que a renovación empeza a contar desde a data de finalización da última habilitación.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse de conformidade cos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o enderezo indicado, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

Artigo 20. Réxime de recursos

Contra a resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública que decida sobre a procedencia ou non da inscrición ou da súa renovación cabe a interposición dun recurso de alzada ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e, así mesmo, contra a resolución deste/desta último/a poderá interporse recurso contencioso-administrativo de conformidade coas previsións contidas na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

CAPÍTULO IV

Centros docentes autorizados

Sección 1ª. Plan formativo na Academia Galega de Seguridade Pública

Artigo 21. Realización dos cursos na Academia Galega de Seguridade Pública

A Academia Galega de Seguridade Pública, nas súas propias instalacións existentes ou ben de forma conveniada ou subcontratada, poderá impartir os cursos de formación continua, os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas e o de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais.

Artigo 22. Acreditación pola consellería competente en materia de formación para o emprego

1. A Academia Galega de Seguridade Pública, logo da acreditación da consellería competente en materia laboral, poderá impartir os módulos formativos asociados ás unidades de competencia dos certificados de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDEP0109) e de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209) establecidos polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

2. Os requisitos de acceso aos cursos, así como as prescricións sobre formación e experiencia das persoas formadoras e a estrutura e o contido de cada módulo, axustaranse ao establecido no Real decreto 711/2011, do 20 de maio. Ademais, e coa finalidade de garantir o cumprimento dos requisitos establecidos no Decreto 38/2017, do 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, e se crea o seu rexistro, o módulo de primeiros auxilios deberá incluír a formación mínima necesaria para o manexo de desfibriladores semiautomáticos.

3. A Academia Galega de Seguridade Pública establecerá acordos con entidades públicas ou privadas para que o alumnado que superase todos os módulos teóricos asociados ao certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas ou ao certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais poida realizar as prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas ou en espazos acuáticos naturais.

Sección 2ª. Entidades autorizadas e requisitos para a impartición
de formación en socorrismo

Artigo 23. Entidades autorizadas para impartir os cursos de formación continua en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), e os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN)

As entidades que poderán impartir os cursos de formación continua en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), e os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), serán as seguintes:

a) As entidades acreditadas para impartir o certificado de profesionalidade do código AFDP0109 Socorrismo en instalacións acuáticas e o código AFDP0209 Socorrismo en espazos acuáticos naturais, conforme a normativa aplicable de centros e entidades de formación para o emprego.

b) As universidades.

c) Os centros que teñan autorizadas as ensinanzas deportivas na modalidade de salvamento e socorrismo, así como aqueles que teñan autorizado algún dos seguintes títulos: técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva, técnico superior en acondicionamento físico e técnico en guía no medio natural e de tempo libre, todos eles da familia profesional de actividades físicas e deportivas.

d) As entidades locais.

Artigo 24. Obrigación de comunicación da realización de cursos

1. As entidades autorizadas para impartir os cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN) deberán comunicar, cunha antelación dun mes, á Academia Galega de Seguridade Pública a realización dos cursos, sen que sexa precisa unha autorización expresa para a súa realización.

A comunicación deberá realizarse de xeito individual para cada edición dos cursos. Non poderán acumularse na solicitude dúas ou máis edicións de cada curso.

2. A comunicación deberá conter, sen prexuízo da facultade para requirir calquera outra documentación que se considere oportuna, o seguinte:

a) A denominación do curso.

b) O nome, apelidos, sexo e teléfono móbil de contacto do responsable do curso.

c) As datas e os lugares de realización.

d) O número de alumnado previsto.

3. Se a comunicación contén algunha deficiencia ou omisión de carácter esencial nos datos ou manifestacións, requirirase a entidade interesada para que, nun prazo de 10 días, emende a falta, sen prexuízo da facultade para requirir calquera outra documentación que se considere oportuna.

Cando a comunicación cumpra os requisitos establecidos, a Academia Galega de Seguridade Pública notificarallo á entidade interesada.

Artigo 25. Formalización e presentación de comunicacións

1. A comunicación da realización do curso presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VI dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento PR526B).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 26. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa comunicación da realización do curso a seguinte documentación:

Certificado expedido pola persoa representante legal da entidade ou da persoa responsable do curso en que conste que este cumpre coa legalidade vixente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 27. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade comunicante.

b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 28. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse de conformidade cos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

Artigo 29. Trámites administrativos posteriores á presentación de comunicacións

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 30. Obrigación de comunicación da finalización do curso

1. Nun prazo de 10 días contados desde a finalización do curso, as entidades interesadas deberán comunicalo á Academia Galega de Seguridade Pública.

2. A comunicación de finalización do curso a través do formulario normalizado segundo o modelo do anexo VII dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación da finalización do curso a seguinte documentación:

A relación do alumnado presentado, matriculado e apto.

Artigo 31. Facultades de control

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá requirir a documentación que considere oportuna, queda facultada para exercer o control indispensable ou a inspección sobre o referido curso para comprobar a súa adecuación aos requisitos establecidos nos anexos deste decreto, así como para ditar as resolucións que procedan, incluído, se for o caso, o non recoñecemento, para os efectos administrativos regulados neste decreto, da suficiencia do curso.

Disposición adicional primeira

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia poderá organizar procesos selectivos unitarios para a selección de persoal socorrista e persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais. Os concellos poderán asinar o correspondente convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, que organizará o citado proceso e cuxo contido establecerá tanto os requisitos de acceso que terán que respectar o sinalado no presente decreto coma o desenvolvemento do proceso selectivo.

Disposición adicional segunda

A consellería competente en materia de protección civil e emerxencia será o órgano competente para a aprobación e actualización dos modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados neste decreto. Unha vez aprobados, será suficiente a súa publicación na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas. No obstante, en virtude do presente decreto, apróbanse os modelos iniciais normalizados recollidos nos anexos V, VI e VII.

Disposición transitoria única

Prorrógase ata o 30 de abril de 2022 a inscrición provisional do persoal socorrista regulada na disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Disposición derrogatoria única

Queda derrogado o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e se regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, coa excepción da súa disposición transitoria primeira, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente decreto.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e emerxencia para que dite cantas disposicións sexan precisas no ámbito das súas competencias para o desenvolvemento e a execución do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO I

Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio
profesional do socorrismo en instalacións acuáticas
na Comunidade Autónoma de Galicia

Código:

CAFDO-IA

Destinatarios:

Todos/as aqueles/as que cumpran con algún dos requisitos especificados no artigo 4.1 deste decreto, letras d), h), i) ou j)

Número de horas:

265 horas

Código do módulo

Denominación do módulo formativo

CAFDO-IA-1

Proba específica

CAFDO-IA-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas

CAFDO-IA-3

Intervención e rescate en instalacións acuáticas

CAFDO-IA-4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas

CAFDO-IA-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas

Módulo formativo

Duración total
en horas

CAFDO-IA-1

Proba específica

120

CAFDO-IA-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas

15

CAFDO-IA-3

Intervención e rescate en instalacións acuáticas

25

CAFDO-IA-4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas

25

CAFDO-IA-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas

80

Total (120 proba de acceso + 65 de formación + 80 prácticas profesionais)

265

Descrición dos módulos que se deberán cursar:

Módulo formativo:

CAFDO-IA-1

Proba específica

120 horas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse o mergullo e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de maneira eficaz.

• Entrada na auga de pé mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixes cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga mantendo a flotación e a orientación, e permitindo a observación da contorna.

e) Executáronse as técnicas de crol con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crol con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e a resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas».

• A persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,80 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación da contorna.

• Seguidamente realizará 50 metros a estilo braza.

• Despois de percorridos, porá as aletas que están situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas, percorre 50 metros nadando a estilo de costas.

• Segue 50 metros nadando a estilo crol e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos

Espazo: piscina de 25 m × 1,80 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

Módulo formativo:

CAFDO-IA-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas

15 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Definir e aplicar técnicas específicas de supervisión e análise do contexto de intervención para detectar factores de perigo en zonas de baño habituais en instalacións acuáticas.

– Identificar e determinar os recursos materiais tendo en conta factores de prevención, vixilancia, rescate e atención primaria á persoa, e o seu mantemento.

– Elaborar e/ou adaptar protocolos de actuación preventivos, de rescate e de evacuación, segundo as tipoloxías de accidentes.

– Deseñar un protocolo de actuación para seguir en caso de condutas inadecuadas ou incorrectas por parte dos usuarios ou usuarias da instalación, ante a existencia dunha modificación das condicións de salubridade do centro acuático.

– Seleccionar a información que un centro acuático debe darlles aos seus usuarios ou usuarias para mellorar a seguridade das súas actividades.

– Concienciar sobre as condutas que deben ter os usuarios ou usuarias respecto aos espazos e elementos naturais da instalación.

– Determinar as medidas que debe adoptar o socorrista ou a socorrista considerando a súa identificación permanente, a súa autoprotección e a prevención de riscos laborais.

– Definir e aplicar diferentes técnicas de comunicación e habilidades sociais relativas a diferentes usuarios ou usuarias e situacións, garantindo a seguridade e a boa convivencia.

– Definir técnicas e protocolos de vixilancia nas zonas de baño público, considerando as características da instalación acuática.

Contidos:

– Lexislación específica e relacionada co socorrismo en instalacións acuáticas:

• Leis e normativas relacionadas coa seguridade en instalacións acuáticas:

Dereitos e deberes laborais do socorrista ou da socorrista acuático/a.

Responsabilidade civil e penal do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Barreiras arquitectónicas: lexislación estatal e autonómica, factores e recursos de seguridade.

• Organización do socorrismo en instalacións acuáticas, recursos humanos e materiais en: piscinas, parques acuáticos, piscinas naturais.

– Vixilancia e prevención de accidentes en instalacións acuáticas: prevención, vixilancia, riscos laborais, protocolos de actuación e plans de emerxencia.

– Comunicación aplicada a situacións de prevención de riscos: técnicas de comunicación aplicadas a situacións de prevención de riscos, sistemas de comunicación interna e externa.

Módulo formativo:

CAFDO-IA-3

Intervención e rescate en instalacións acuáticas

25 horas

Unidade formativa 1. Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en instalacións acuáticas (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en instalacións acuáticas.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e protocolos e plans de actuación ante emerxencias en instalacións acuáticas.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipo subacuático sinxelo: aletas, lentes e tubo, modificacións da visión.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático; adestramento específico das técnicas de traslado en socorrismo acuático.

Unidade formativa 2. Extracción e traslado de persoas en instalacións acuáticas (15 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nas diferentes instalacións acuáticas e establecer os procedementos para o rescate.

– Executar con seguridade e eficacia as manobras de entrada, aproximación, control e traslado no medio acuático, adaptándoas a diferentes situacións.

– Describir as técnicas de comunicación no trato coa persoa e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Intervención no socorrismo acuático.

• Características da auga e consideracións relativas á roupa e ao calzado.

• Organización do salvamento e socorrismo.

• A percepción do problema: elementos esenciais na percepción.

• A análise da situación.

• A toma de decisións.

• Execución das accións de rescate.

– Técnicas de rescate en instalacións acuáticas:

• De localización, puntos de referencia e composición de lugar.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: aro salvavidas, tubo de rescate, boia torpedo.

• Técnicas de entrada na auga: con ou sen material.

• Técnicas de aproximación, contacto, traslado e extracción do accidentado.

Módulo formativo:

CAFDO-IA - 4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nas instalacións acuáticas

25 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Identificar as características da asistencia como primeiro ou primeira interveniente.

– Aplicar técnicas de valoración inicial segundo o protocolo establecido accedendo ao accidentado ou accidentada de forma oportuna e asegurando unha contorna segura.

– Aplicar técnicas de soporte vital segundo o protocolo establecido.

– Identificar os primeiros auxilios que se deben prestar para as lesións ou patoloxías máis frecuentes e aplicar as técnicas de primeiros auxilios segundo os protocolos establecidos.

-– Aplicar métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación do persoa se for necesario.

– Aplicar técnicas de apoio psicolóxico á persoa e a familiares.

– Aplicar técnicas de autocontrol antes situacións de tensións.

Contidos:

– Fundamentos dos primeiros auxilios: definición de accidente, urxencia e emerxencia; aspectos ético-legais no primeiro interveniente.

– Actuación do primeiro ou primeira interveniente: riscos na intervención, seguridade e protección durante a intervención, prevención de contaxios e enfermidades.

– Técnicas de apoio psicolóxico en primeiros auxilios: medidas, técnicas e estratexias de autocontrol emocional para superar situacións de ansiedade, agresividade, angustia, dó e tensión.

– Técnicas e manobras da primeira asistencia ao accidentado ou accidentada: RCP básica e obstrución da vía aérea por corpo estraño, desfibrilación precoz, intervención prehospitalaria en afogamentos e lesionados ou lesionadas medulares no medio acuático, a caixa de primeiros auxilios e a enfermaría.

– Emerxencias colectivas e catástrofes: sistemas de emerxencia, accidentes de tráfico, emerxencias colectivas e catástrofes.

Módulo formativo:

CAFDO-IA-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas

80 horas

Resultados de aprendizaxe:

– Completar a adquisición de competencias profesionais propias do socorrismo en instalacións acuáticas conseguidas a través dos contidos teóricos e prácticos propios do curso en situacións laborais reais.

– Adquirir unha identidade e unha madurez profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de formación.

ANEXO II

Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio
profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais
na Comunidade Autónoma de Galicia

Código:

CAFDO-EAN

Destinatarios:

Todos/as aqueles/as que cumpran con algún dos requisitos especificados no artigo 4.2 deste decreto, letras d), f), g) ou h)

Número de horas:

270 horas

Código do módulo

Denominación do módulo formativo

CAFDO-EAN-1

Proba específica

CAFDO-EAN-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en espazos acuáticos naturais

CAFDO-EAN-3

Intervención e rescate en espazos acuáticos naturais

CAFDO-EAN-4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais

CAFDO-EAN-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Módulo formativo

Duración total
en horas

CAFDO-EAN-1

Proba específica

120

CAFDO-EAN-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en espazos acuáticos naturais

20

CAFDO-EAN-3

Intervención e rescate en espazos acuáticos naturais

25

CAFDO-EAN-4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais

25

CAFDO-EAN-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais

80

Total (120 proba de acceso + 70 de formación + 80 prácticas profesionais)

270

Descrición dos módulos que se deberán cursar:

Módulo formativo:

CAFDO-EAN-1

Proba específica

120 horas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

Desenvólvese no ambiente acuático executando técnicas específicas de nado e habilidades e destrezas específicas con eficacia e seguridade.

a) Executouse o mergullo e a orientación posterior no ambiente acuático durante o desprazamento de maneira eficaz.

• Entrada na auga de pé mantendo o equilibrio e o control do corpo no aire durante o salto.

b) Realizouse o nado en apnea durante a distancia establecida, manténdose preto do chan da piscina, sen saír á superficie e mantendo a dirección da proba.

c) Mantívose a flotación durante a colocación das aletas, mantendo a orientación e utilizando cando menos unha técnica identificable.

d) Executáronse varios xiros nos diferentes eixes cada 25 metros e cada cambio de estilo durante o desprazamento na auga, mantendo a flotación e a orientación e permitindo a observación da contorna.

e) Executáronse as técnicas de crol con cabeza fóra da auga, braza completa, costas con aletas e crol con aletas, mantendo a dirección da proba, coordinando os movementos coa respiración e adaptándose ao uso do material auxiliar.

f) Mantívose a eficacia no desprazamento, a velocidade e a resistencia de nado, realizando a totalidade da proba en menos de cinco minutos e trinta segundos.

Proba asociada «Combinada con aletas».

• A persoa aspirante situada na banqueta de saída da piscina introdúcese na auga (de pé ou de cabeza, segundo a proposta do tribunal) e mergúllase ata o fondo da piscina (mínimo 1,80 metros de profundidade).

• A continuación percorre en apnea prolongada unha distancia de 15 metros.

• Ascende á superficie e completa os primeiros 25 metros nadando a estilo libre.

• Posteriormente percorre 25 metros a estilo crol coa cabeza fóra, mantendo a visión fóra da auga, a orientación e a observación da contorna.

• Seguidamente realizará 50 metros a estilo braza.

• Despois de percorridos, porá as aletas que están situadas nun extremo do bordo do vaso manténdose en flotación dinámica.

• Despois de colocar as aletas, percorre 50 metros nadando a estilo de costas.

• Segue 50 metros nadando a estilo crol e dáse por finalizada a proba.

Condicións básicas de realización da proba de acceso: espazo e equipamentos.

Espazo: piscina de 25 m × 1,80 m de profundidade.

Equipamento e material: un par de aletas por alumno/a.

Módulo formativo:

CAFDO-EAN-2

Prevención de situacións de risco e vixilancia en espazos acuáticos naturais

20 horas

Resultados da aprendizaxe:

– Definir e aplicar técnicas específicas de supervisión e análise do contexto de intervención para detectar factores de perigo en zonas de baño habituais en espazos acuáticos naturais.

– Identificar e determinar os recursos materiais tendo en conta factores de prevención, vixilancia, rescate e atención primaria ao accidentado ou accidentada, e o seu mantemento.

– Elaborar e/ou adaptar protocolos de actuación preventivos, de rescate e de evacuación segundo as tipoloxías de accidentes.

– Determinar as medidas que debe adoptar o socorrista ou a socorrista considerando a súa identificación permanente, a súa autoprotección e a prevención de riscos laborais.

– Definir e aplicar diferentes técnicas de comunicación e habilidades sociais relativas a diferentes usuarios ou usuarias e situacións, garantindo a seguridade e a boa convivencia.

– Formar os usuarios e as usuarias sobre as condutas que deben adoptar en canto á conservación e ao respecto polos espazos acuáticos naturais e a súa contorna.

– Definir técnicas e protocolos de vixilancia nas zonas de baño público, considerando as características do espazo acuático natural.

Contidos:

– Lexislación específica e relacionada co socorrismo en espazos acuáticos naturais:

• Leis e normativas relacionadas coa seguridade en espazos acuáticos naturais:

Dereitos e deberes laborais do socorrista ou da socorrista acuático/a.

Responsabilidade civil e penal do socorrista ou da socorrista acuático/a.

• Barreiras arquitectónicas: lexislación estatal e autonómica, factores e recursos de seguridade.

• Organización do socorrismo en espazos naturais, recursos humanos e materiais en: praias fluviais, encoros e lagos, ríos e riadas, praias de bandeira azul.

– Vixilancia e prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais: prevención, vixilancia, riscos laborais, protocolos de actuación e plans de emerxencia.

– Comunicación aplicada a situacións de prevención de riscos: técnicas de comunicación aplicadas a situacións de prevención de riscos, sistemas de comunicación interna e externa.

– Factores ambientais, influencia na intervención do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais: tipos de espazos e características, factores atmosféricos, factores que afectan o medio acuático, factores humanos: tipos de espazos e características, factores atmosféricos, factores que afectan o medio acuático.

Módulo formativo:

CAFDO-EAN-3

Intervención e rescate en espazos acuáticos naturais

25 horas

Unidade formativa 1. Técnicas de nado e condición física no rescate de persoas en espazos acuáticos naturais (10 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Adaptar as habilidades, destrezas e técnicas de nado ás condicións da contorna nos diferentes espazos acuáticos naturais.

– Desenvolver un programa específico de mantemento do nivel de condición física e de adestramento de técnicas de intervención eficaz do socorrista ou da socorrista en espazos acuáticos naturais.

– Facilitar a incorporación de novas tendencias e protocolos e plans de actuación ante emerxencias en espazos acuáticos naturais.

Contidos:

– Mergullo básico: nocións físicas aplicadas ao mergullo, mergullo con equipo subacuático sinxelo: aletas, lentes e tubo, modificacións da visión.

– Aplicación das técnicas de entrada na auga e de aproximación ao accidentado ou accidentada: sen material, con material, desde a beira, desde as embarcacións; a roupa no salvamento, os estilos de nado adaptados ao salvamento no medio natural.

– Acondicionamento físico do socorrista ou da socorrista: o adestramento no medio acuático, adestramento específico das técnicas de traslado en socorrismo acuático.

Unidade formativa 2. Extracción e traslado de persoas en espazos acuáticos naturais (15 horas).

Resultados de aprendizaxe:

– Valorar as situacións de emerxencia que poden acontecer nos diferentes espazos acuáticos naturais e establecer os procedementos para o rescate.

– Determinar con seguridade e eficacia as técnicas de rescate desde a beira e desde as embarcacións, adaptándoas ás condicións da contorna, ao accidente, estado da vítima e recursos humanos e materiais dispoñibles.

– Describir as técnicas de comunicación no trato co accidentado ou accidentada e/ou acompañantes en función da situación de emerxencia.

– Definir as técnicas de autocontrol ante situacións de emerxencia.

Contidos:

– Técnicas de rescate en espazos acuáticos naturais:

• De localización, puntos de referencia e composición de lugar.

• A utilización do material como medio auxiliar de rescate acuático: aro salvavidas, tubo de rescate, boia torpedo, táboa de salvamento, moto acuática, embarcación de motor, carrete de rescate.

• A evacuación do accidentado ou accidentada: coordinación con outros recursos.

– Manobras, tarefas e técnicas específicas nos diferentes espazos acuáticos naturais:

• Intervención do socorrista ou da socorrista acuática desde embarcacións acuáticas de rescate.

• Liñas de seguridade, balizamentos e anotación de zonas.

• Coordinación con outros recursos.

Módulo formativo:

CAFDO-EAN-4

Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias nos espazos acuáticos naturais

25 horas

Resultados da aprendizaxe:

– Identificar as características da asistencia como primeiro ou primeira interveniente.

– Aplicar técnicas de valoración inicial segundo o protocolo establecido accedendo ao accidentado de forma oportuna e asegurando unha contorna segura.

– Aplicar técnicas de soporte vital segundo o protocolo establecido.

– Identificar os primeiros auxilios que se deben prestar para as lesións ou patoloxías máis frecuentes e aplicar as técnicas de primeiros auxilios segundo os protocolos establecidos.

– Aplicar métodos de mobilización e inmobilización que permitan a evacuación do accidentado ou accidentada, se for necesario.

– Aplicar técnicas de apoio psicolóxico ao accidentado ou accidentada e aos familiares.

– Aplicar técnicas de autocontrol antes situacións de tensións.

Contidos:

– Fundamentos dos primeiros auxilios: definición de accidente, urxencia e emerxencia; aspectos ético-legais no primeiro ou primeira interveniente.

– Actuación do primeiro ou primeira interveniente: riscos na intervención, seguridade e protección durante a intervención, prevención de contaxios e enfermidades.

– Técnicas de apoio psicolóxico en primeiros auxilios: medidas, técnicas e estratexias de autocontrol emocional para superar situacións de ansiedade, agresividade, angustia, dó e tensión.

– Técnicas e manobras da primeira asistencia ao accidentado ou accidentada: RCP básica e obstrución da vía aérea por corpo estraño, desfibrilación precoz, intervención prehospitalaria en afogamentos e lesionados ou lesionadas medulares no medio acuático, a caixa de primeiros auxilios e a enfermaría.

– Emerxencias colectivas e catástrofes: sistemas de emerxencia, accidentes de tráfico, emerxencias colectivas e catástrofes.

Módulo formativo:

CAFDO-EAN-5

Prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais

80 horas

Resultados de aprendizaxe :

– Completar a adquisición de competencias profesionais propias do socorrismo en espazos acuáticos naturais conseguidas a través dos contidos teóricos e prácticos propios do curso, en situacións laborais reais.

– Adquirir unha identidade e unha madurez profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de formación.

ANEXO III

Observacións de carácter xeral para o anexo I e o anexo II

Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia

Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia

I. Requisitos de formación do profesorado:

O profesorado deberá acreditar como mínimo a seguinte experiencia docente ou actividade no ámbito deportivo e laboral:

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores/as nos niveis 1, 2 ou 3 de salvamento e socorrismo nas formacións a que se refiren as disposicións adicional quinta e transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro

Polo menos dous anos de exercicio deportivo-laboral relacionado cos resultados de aprendizaxe e contidos do módulo, realizado nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento

II. Requisitos mínimos de espazos, instalacións e equipamentos:

Espazo formativo

Superficie m2

15 alumnos/as

Superficie m2

25 alumnos/as

Aula polivalente

60

100

Ximnasio

90

120

Piscina climatizada de 25 m de anchura e 1,80 m de profundidade na parte máis profunda

120

120

Espazo acuático natural con zona de baño público

Espazo formativo

Equipamento mínimo

Aula polivalente

– Mesa e cadeira para o/a formador/a, mesas e cadeiras para os/as alumnos/as, encerado, equipamentos audiovisuais, computador con acceso á internet e canón de proxección.

– Bonecos para primeiros auxilios (adulto e pediátrico).

– Material de inmobilización e mobilización.

– Material de cura.

– Desfibrilador externo semiautomático.

– Material de salvamento e socorrismo.

– Material de rescate.

– Material de comunicación.

As entidades promotoras da devandita formación poderán establecer convenios de colaboración co fin de que as ensinanzas dos módulos formativos se poidan ofertar nun centro ou instalación e o resto das ensinanzas noutro centro ou instalación diferente, a condición de que reúna os requisitos mínimos exixidos.

ANEXO IV

Contido mínimo correspondente ao grao en Ciencias
da Actividade Física e do Deporte ou titulación universitaria equivalente

Tema

Subtema

1. A prevención de accidentes na actividade física e na educación. Instalacións e espazos acuáticos naturais.

1.1. Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais.

1.2. Previr accidentes ou situacións de emerxencia en instalacións acuáticas, velando pola seguridade dos usuarios.

2. Socorrismo, primeiros auxilios e as CC. do deporte.

2.1. Primeiro interveniente ante incidentes en contornas acuáticas. Condutas de autoseguridade. PAS.

2.2. Graos do afogado.

2.2. Valoración primaria.

2.3. Reanimación cardiopulmonar.

2.4. Obstrución da vía aérea.

2.5. Tratamento do paciente traumático.

2.6. Primeiros auxilios básicos para socorristas e primeiros intervenientes.

2.7. Primeiros auxilios en tempos de COVID-19.

3. Socorrismo acuático.

3.1. Rescate de persoas en espazos acuáticos naturais.

3.2. Rescate de persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en instalacións acuáticas.

4. Didáctica do socorrismo.

4.1. Proceso de ensino-aprendizaxe das técnicas de natación adaptadas ao socorrismo.

4.2. Proceso de ensino-aprendizaxe dos mecanismos de prevención.

4.3. Proceso de ensino-aprendizaxe das técnicas de rescate.

4.4. Proceso de ensino-aprendizaxe dos primeiros auxilios.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file