Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55508

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual da relación de postos de traballo.

A Comisión Executiva, en sesión realizada o día 19 de outubro de 2021, aprobou definitivamente a modificación puntual da relación de postos de traballo (RPT) do Consello da Cultura Galega, unha vez resoltas as alegacións presentadas, polo que, de conformidade co establecido no artigo 202.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, se publica o cadro da RPT resultante.

De conformidade co previsto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que empezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición, sen que a súa interposición suspenda por si soa a aplicación da relación de postos de traballo definitivamente aprobada. Non obstante, poderase interpoñer, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acordo no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file