Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO da aprobación inicial da mutación demanial subxectiva da parcela 4057316NJ6145N0000MG (D-1 PP do Bertón) a favor da Consellería de Política Social.

Por delegación do alcalde, a concelleira delegada de Economía, Facenda e Patrimonio adoptou o 18.10.2021 a seguinte resolución:

Primeiro. Aprobar inicialmente a mutación demanial subxectiva, a favor da Consellería de Política Social da Comunidade Autónoma de Galicia, da parcela 4057316NJ6145N0000MG situada no Bertón, inventariada no Inventario Municipal co código 1.118.200 con carácter de ben demanial, e inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Ferrol como predio rexistral 74638, referencia catastral 4057316NJ6145N0000MG, tomo 2691, libro 1128, folio 112, inscrición primeira.

Segundo. Condicionar a mutación demanial subxectiva ao cumprimento da finalidade establecida no convenio subscrito entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Política Social da Comunidade Autónoma de Galicia, que é a construción dun centro residencial público destinado á atención de maiores en situación de dependencia.

Serán causas de resolución da mutación demanial subxectiva e de reversión do ben ao Concello de Ferrol:

– Non destinar o ben ou deixar de destinalo ao uso de residencia de persoas maiores.

– Non realizar a construción segundo os termos do convenio.

– As demais causas resolutivas ou extintivas previstas no texto do convenio.

Terceiro. Acordar un período de información pública, mediante a publicación do acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña, por prazo de vinte días, para os efectos de reclamacións e alegacións, de conformidade co disposto no artigo 110 do Regulamento de bens das entidades locais.

Transcorrido o prazo sen que se formulen alegacións, entenderase definitivamente aprobada a mutación demanial subxectiva acordada.

Cuarto. Dar conta do acordo adoptado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Quinto. Emprazar a Comunidade Autónoma de Galicia para formalización e sinatura da acta de recepción e entrega previa, como requisito indispensable para a mutación demanial aprobada.

Sexto. Anotar a mutación demanial subxectiva no Inventario Municipal de Bens para o efecto de actualizalo e remitir a documentación ao Rexistro da Propiedade para a súa inscrición.

Ferrol, 21 de outubro de 2021

O alcalde
P.D. (Alcaldía do 8.7.2019; BOP núm. 137, do 22 de xullo)
Mª Teresa Deus Trasobares
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Patrimonio