Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56131

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de novembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, polo que se dá publicidade da Resolución CM 19/2021 da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de encargado de quenda de celadores.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de encargado de quenda de celadores da Área Sanitaria de Vigo, segundo se especifica no anexo.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberanse presentar en calquera dos rexistros de entrada da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de novembro de 2021

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: encargado de quenda de celadores –Urxencias–.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.