Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 55950

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se dispón o cesamento dun membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen. O artigo 30 sinala tamén que nos consellos de administración das autoridades portuarias a Administración xeral do Estado estará representada polo capitán marítimo, que é membro nato, e por tres vogais, dos cales un será un avogado do Estado e outro do ente público Portos do Estado.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, vista a comunicación achegada pola Capitanía Marítima de Vigo sobre a designación do capitán marítimo de Vigo,

DISPOÑO:

O cesamento de Juan José Escolar Calzón como membro nato do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar