Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 56178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 26 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, polo medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOE, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense-A Ponte, situada na rúa San Francisco Blanco, nº 2, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle á persoa interesada que, se non formula recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 26 de outubro de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Persoa

interesada

Nº de expediente

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Proposta de sanción

45862152Z

45862152Z/30-09-2021/2.1,E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da/do prestación/subsidio por desemprego.