De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, fáiselles saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán presentarse ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, número 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a viernes.
Advírteselles ás persoas interesadas de que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Lugo, 29 de outubro de 2021
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
1 |
Marian Andrei Punga |
22-07-2021/2.1.E |
Resolución procedemento sancionador |
Vilalba |
2 |
Raúl Ángel Rocha Blanco |
14-07-2021/2.1.E |
Resolución procedemento sancionador |
Lugo |
3 |
Alfri Antonio de la Rosa Rosso |
18-05-2021/2.2.B |
Resolución procedemento sancionador |
Lugo |
4 |
Jesús Quijada Suárez |
17-03-2021/2.1.A |
Resolución procedemento sancionador |
Lugo |
5 |
Andrea Carolina Novelle González |
17-03-2020/2.1.A |
Resolución procedemento sancionador |
Lugo |