Aprobada inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, en sesión extraordinaria do 27.10.2021, a modificación de crédito 3/2021 na modalidade de suplemento de crédito financiado con remanente de tesouraría, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, polo prazo de 15 días hábiles –que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG– co fin de que durante este prazo os interesados poidan examinar o expediente e formular ante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas. Transcorrido o prazo sen que se presenten alegacións, considerarase definitivamente aprobado o acordo.
Sarria, 3 de novembro de 2021
Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos
Galegos do Camiño Francés