Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución de 25 de outubro de 2021 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Monte Grande e Cancelo, Coutada, Foxo e Campo Escuro, no concello de Bande.

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do MVMC Monte Grande, pertencente á CMVMC das parroquias de Garabelos (San Xoán), de Nigueiroá (Santiago), do Ribeiro (San Pedro Fiz) e de Vilar (San Pedro Fiz); e o MVMC Monte Grande e Cancelo, Coutada, Foxo e Campo Escuro, pertencente á CMVMC de Carpazás, no concello de Bande, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O día 26 de febreiro de 2021 a CMVMC das parroquias de Garabelos (San Xoán), de Nigueiroá (Santiago), do Ribeiro (San Pedro Fiz) e de Vilar (San Pedro Fiz) presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2021/427050). Nel solicita solicita que se tramite o deslindamento realizado entre os MVMC Monte Grande e o MVMC Cancelo, Coutada, Foxo e Campo Escuro, no concello de Bande.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Memoria (inclúe anexos e planos).

Shape de liña de deslindamento.

Shape de vértices de deslindamento.

Segundo. O día 4 de marzo de 2021 a CMVMC interesada presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2021/486606) unha modificación ou mellora voluntaria da solicitude coa cal presentou a seguinte documentación:

– Demanda de conciliación.

– Sentenza de conciliación.

Terceiro. O día 17 de xuño de 2021 a CMVMC interesada presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2021/1471998) unha nova modificación ou mellora voluntaria da solicitude coa cal presentou a seguinte documentación:

– Escrito xustificativo.

– Memoria corrixida.

Cuarto. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 22 de xuño de 2021 considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

En consecuencia, o Servizo de Montes propuxo ao Xurado a aprobación do deslindamento, ben que coas seguintes condicións:

Exclúese o vértice 1 denominado Penedo do Arando, por entender que afecta a confluencia do perímetro estremeiro destes dous MVMC co MVMC Monte Grande (1251), pertencente á CMVMC da parroquia de Bande (San Pedro). Este punto de confluencia, por tanto, deberá establecerse mediante un novo procedemento de deslindamento que inclúa tamén o acordo desta CMVMC.

O vértice 7 servirá unicamente para definir a dirección da liña do perímetro estremeiro, desde o vértice 6 ata o límite coas propiedades particulares.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial acordou por unanimidade o día 22 de setembro de 2021:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Monte Grande, pertencente á CMVMC das parroquias de Garabelos (San Xoán), de Nigueiroá (Santiago), do Ribeiro (San Pedro Fiz) e de Vilar (San Pedro Fiz); e o MVMC Cancelo, Coutada, Foxo e Campo Escuro, pertencente á CMVMC de Carpazás, no concello de Bande, de acordo coas consideracións realizadas no informe do Servizo de Montes do 22 de xuño de 2021.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 27 de outubro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense