Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56363

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2020).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C 481.3, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2020).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

TR358A Programa de axudas ás entidades asociativas
de persoas traballadoras autónomas

Entidade beneficiaria

Concedido (2020)

Aplicación orzamentaria

Asociación de Traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia (ATA-Galicia)

55.000 euros

09.40.322C 481.3

Asociación Intersectorial e Interterritorial dos Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia)

55.000 euros

09.40.322C 481.3

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar)

55.000 euros

09.40.322C 481.3

Asociación de Empresarias de Galicia

26.721,13 euros

09.40.322C 481.3